1. Predictive monitoring in complex unstructured processes with insufficient information
- Author
-
Gamallo Fernández, Pedro, Vidal Aguiar, Juan Carlos, Lama Penín, Manuel, and Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Electrónica e Computación
- Abstract
A monitorización preditiva de procesos, rama de investigación en auxe nos últimos anos pola súa utilidade para empresas e institucións, permite predicir o comportamento futuro dunha instancia en execución dun proceso de negocio. Nos últimos anos, ás técnicas convencionais empregadas neste campo sumáronselle novas aproximacións baseadas en aprendizaxe profunda, área da intelixencia artificial que está gañando moita popularidade ultimamente. Destas aproximacións, as que mellores resultados están obtendo son aquelas baseadas en redes neuronais recurrentes, as cales permiten analizar correctamente a información histórica para realizar a predición correspondente. Recentemente, publicouse unha nova solución que emprega unha arquitectura GAN, un tipo de redes novel que está destacando no ámbito da xeración de imaxes e do procesamento da linguaxe natural polos bos resultados obtidos. Esta solución céntrase no problema da predición da seguinte actividade a executar e o momento no que sucederá. Neste traballo proponse unha nova aproximación baseada tamén neste tipo de arquitectura que pretende mellorar os resultados obtidos para a predición do seguinte tempo de execución. Como parte desta proposta explicarase o deseño interno da arquitectura e tamén o preprocesamento realizado sobre os datos de entrada para que estes sirvan de base á rede á hora de realizar as predicións.
- Published
- 2021