1. Medio ambiente e recursos mariños renovables
- Author
-
Guera, Ángel, Otero, Jaime, and González, Ángel F.
- Abstract
25 pages, A través de varios exemplos, poñeremos de manifesto a conexión existente entre factores atmosférico-oceánicos e bioióxicos tanto a pequena escala (afloramento de Galicia) como a escala global (episodios de El Niño/ENSO e inestabilidades da Corrente Circumpolar Antártica) en poboacións de cefalópodos. Estes exemplos sinalan a importancia dos estudos pluridisciplinares, que permitan desenvolver unha comprensión integrada das interaccións entre factores fisicos, ciclos bioxeoquímicos e redes tróficas mariñas. Este enfoque proporcionará unha comprensión da variabilidade que afecta aos recursos vivos mariños máis realista da existente ata agora. As estratexias de xestión pesqueira deben ser o suficientemente flexibles para incluír as respostas retardadas que se producen nas poboacións como consecuencia de variacións ambientais. O desenvolvemento deste tipo de estudos integrados necesita programas coordinados de investigación con sistemas estables para obter series históricas longas e fiables de datos sobre parámetros atmosféricos e oceánicos así como sobre variacións da biomasa das poboacións mariñas naturais non explotadas e de capturas e capturas por unidade de esforzo nos recursos explotados
- Published
- 2010