1. Aplicación móbil para control de stock e rexistro de vendas
- Author
-
Oliveira da Silva, Andrés Filipe, Fresnedo, Óscar, and Universidade da Coruña. Facultade de Informática
- Subjects
Rexistro ,Aplicación móbil ,Mobile Application ,Firebase ,Record ,Vendas ,Stock ,Java ,Sales ,Scrum - Abstract
[Resumo]: O desprazamento do posto de traballo de moitos autónomos que participan diariamente nos mercadillos semanais en distintos territorios dificultan en gran medida a tecnoloxización deste negocio. Neste sentido, o gran avance que se produciu nas tecnoloxías móbiles e os avances nas comunicacións fan posible que se poidan implementar unha serie de facilidades que axuden ao traballador no día a día para o desenvolvemento da súa actividade de negocio. O obxectivo deste proxecto é a implementación dunha aplicación móbil que busca facilitar todas as operacións relacionadas cos produtos e as respectivas vendas destes produtos nos mercadillos, mantendo en todo momento actualizado o stock, ademais de rexistrar todas as vendas realizadas. Por outro lado, a aplicación ofrecerá ao traballador unha serie de resumos nos que se poderán ver os beneficios que está xerando o negocio en distintos momentos temporais ou por localización. [Abstract]: The displacement of the workplace of many self-employed who participate daily in the weekly markets of different territories greatly difficult the technologization of this business. With the great progress that has occurred in mobile technologies and advances in communications, it is possible to implement a series of facilities that help the worker in the day to day for the development of the business activity. The objective of this project is the creation of a mobile application that aims at facilitating all operations related to products and the respective sales of these products in the markets, keeping the stock updated at all times, in addition to recording all sales made. On the other hand, the application will offer the worker a series of summaries in which he/she will be able to see the profits that the business is generating at different times or by location. Traballo fin de grao (UDC.FIC). Enxeñaría Informática. Curso 2022/2023
- Published
- 2022