1. Fraseoloxía e paremioloxía castelá nos escritos do P. Martín Sarmiento (1695-1772) / Spanish phraseology and paroemiology of Martín Sarmiento OSB (1695-1772)
- Author
-
Xesús Ferro Ruibal, Beatriz Pérez Traseira, Noelia Surribas Díaz, and Xacinta Varela Martínez
- Subjects
fraseoloxia ,paremioloxía ,español ,fixación ,cambio lingüístico ,phraseology ,spanish ,paroemiology ,fixation ,linguistic change ,Romanic languages ,PC1-5498 - Abstract
Recuperación de fraseoloxía e paremioloxía castelá (17 locucións ou compostos sintagmáticos, 5 frases proverbiais e 39 refráns) comentada polo ilustrado beneditino galego Frei Martín Sarmiento (1695-1772). Contrólase a pervivencia posterior ata o cambio de milenio, utilizando repertorios fraseolóxicos e paremiolóxicos actuais e mesmo os córpora Refranero Multilingüe, CREA e WEBCORP ou directamente GOOGLE. Isto permite no final do artigo facer unha medición aproximada da mortalidade fraseolóxica e paremiolóxica, que parece maior na fraseoloxía do que na paremioloxía. Pero, ademais desta análise cuantitativa, faise unha análise cualitativa do material usado polo P. Sarmiento e constátase que, coma calquera falante actual, utiliza o “discurso repetido” por veces como unha cita neutra, outras veces como unha cita de autoridade e algunha vez como unha cita crítica do propio pre-texto: o discurso repetido para el é algo fixado pero dinámico. Recóllese a terminoloxía que el utiliza neste ámbito e constátase que a mediados do século XVIII pide que se inicien os estudos fraseolóxicos e paremiolóxicos. // Retrieval of Spanish phraseology and paroemiology (17 phrases or syntagmatic compounds, 5 proverbial phrases and 39 proverbs) commented by the Galician Benedictine erudite Fr. Martín Sarmiento (1695-1772). The subsequent survival up to the turn of the millennium is controlled using current phraseological and paroemiological repertoires and even corpora such as Refranero Multilingüe, CREA and WEBCORP, or directly GOOGLE. This enables us to measure approximately the phraseological and paroemiological mortality at the end of this article, that seems to be higher in phraseology than in paroemiology. But in addition to this quantitative analysis, there is a qualitative analysis of the material used by Father Sarmiento, proving that he, as any current speaker, when using “repeated speech” may do sometimes a neutral citation, other times an authority citation or, at certain intervals, he provides criticism of this pretext. He sees repeated speech as something fixed, but also dynamic. The terminology used in this area is collected and it is verified that he calls for a beginning of phraseological and paroemiological studies in the mid-seventeenth century.
- Published
- 2015