Back to Search Start Over

Redeseño dun xerador de auga doce nun buque LNG de propulsión MEGI

Authors :
Carril Vidal, Alberto
Romero Gómez, Manuel
Universidade da Coruña. Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
Source :
RUC. Repositorio da Universidade da Coruña, instname
Publication Year :
2017

Abstract

[Resumo]O presente traballo consiste nunha mellora no sistema de xeración de auga doce para realizar en buques LNG de propulsión MEGI. Neste tipo de buque só existe a posibilidade de xerar auga doce durante a navegación. O que se pretende realizar é o perfeccionamento da instalación do xerador de auga doce da banda de estribor, para que así teña dous modos de funcionamento: “Modo Fondeo” e “Modo Navegación”. Con esta solución, o buque será apto para xerar auga doce baixo calquera circunstancia e para isto non será necesario ningún aporte de enerxía adicional, pois aproveitaranse calores residuais e, por conseguinte, non se aumentará o nivel de contaminación. Tampouco precisará de ningún tipo de mantemento e contará cunha regulación sinxela e intuitiva para o persoal de a bordo, similar a calquera instalación de xeradores de auga doce. O traballo consiste, por tanto, no deseño dun novo sistema que permita levar a cabo tal propósito e demostrar que é factible, e contando cun orzamento económico. Traballo fin de grao (UDC.ETSNEM). Tecnoloxías Mariñas. Enerxía e Propulsión. Curso 2016/2017

Details

Language :
Galician
Database :
OpenAIRE
Journal :
RUC. Repositorio da Universidade da Coruña, instname
Accession number :
edsair.dedup.wf.001..84d01fcfb96f6c7d9514e8839e051a0b