Back to Search Start Over

Adaptando a ensinanza aos tempos de pandemia: da presencialidade ao modelo educativo online

Authors :
Cristina Pardo
Source :
RUC. Repositorio da Universidade da Coruña, instname
Publication Year :
2021
Publisher :
Servizo de Publicacións. Universidade da Coruña, 2021.

Abstract

[Resumo] A materia obrigatoria de "Deseño, planificación e avaliación de propostas didácticas de Tecnoloxía na Educación Secundaria” pertence ao Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas (Itinerario: Tecnoloxía) da Universidade da Coruña. Neste traballo descríbese a adaptación de dita materia ás medidas promulgadas pola Xunta de Galicia para paliar a terceira onda da pandemia provocada pola COVID-19. Froito destas medidas, a materia tivo que mudar do modelo presencial ao modelo educativo online. A experiencia vivida con este cambio e as principais conclusións ás que se chegou, son descritas neste traballo. Destácase que para realizar as sesións virtuais é necesario re-programar as actividades e o horario das mesmas con respecto ás sesións presenciais, debido ás limitacións que algúns alumnos teñen para acceder a internet e á baixa interacción dos estudantes no modelo de ensino virtual. Ademais, a motivación e os resultados acadados no proceso de ensino-aprendizaxe por parte dos alumnos diminuíron con respecto ás sesións presenciais. Polo tanto, con esta experiencia, conclúese que a docencia baseada en clases presenciais ten máis éxito que a ensinanza baseada só en sesións virtuais, aínda que en ambas as dúas ensinanzas se usen metodoloxías activas co alumnado. [Abstract] The compulsory subject "Design, planning and evaluation of didactic proposals of Technology in Secondary Education" belongs to the Master's Degree in Compulsory Secondary Education Teachers, Baccalaureate, Vocational Training and Language Teaching (Itinerary: Technology) of the University of A Coruña. The adaptation of this subject to the measures enacted by the Xunta de Galicia to alleviate the fourth wave of the pandemic caused by COVID-19 is described. The main conclusions reached are described in this paper. It is emphasized that in order to carry out the virtual sessions it is necessary to reschedule the activities and their schedule with respect to the face-to-face sessions, due to the limitations that some students have to access the internet and to the low student interaction in the virtual teaching model. In addition, the motivation and results achieved in the teaching-learning process by students decreased with respect to face-to-face sessions. Thus, with this experience, it is concluded that teaching based on face-to-face classes is more successful than teaching based only on virtual sessions, although in both teachings active methodologies are used among the students. http://hdl.handle.net/2183/28796

Details

Database :
OpenAIRE
Journal :
Contextos universitarios transformadores: a nova normalidade académica. Leccións aprendidas e retos de futuro. V Xornadas de Innovación Docente
Accession number :
edsair.doi.dedup.....29b2c03d21e35368f74f2c2461142172
Full Text :
https://doi.org/10.17979/spudc.9788497498180.273