Back to Search Start Over

A excentricidade galega e a nosa Galicia mestiza

Authors :
Lojo Calatrava, Maria Rosa
Publication Year :
2015
Publisher :
Galaxia, 2015.

Abstract

Por que non ocupa Galicia un lugar central no noso imaxinario fundador? Por que non hai unha maior incidencia de Galicia, como etnia e como cultura, nas representacións que a Arxentina propón sobre si mesma? Proño aquí algunhas hipóteses sobre esta pregunta que nos desvela aos galegodescendentes nados nesta terra, dispostos a identificármonos e a recoñecérmonos como tales. Prolongarei, ante todo, as reflexións xa iniciadas no libro Los “gallegos” en el imaginario argentino. Literatura, sainete, prensa (2008), cuxa autoría comparto cos investigadores Mariña Guidotti e Ruy Farías. Por unha banda, o noso país foi o destino migratorio máis importante para os galegos1. E reciprocamente, estes representan o colectivo español máis numeroso, o que lle outorga un lugar preponderante, se se ten en conta que a inmigración hispánica é a máis nutrida despois da italiana. Máis do 17 por cento de todos os migrantes europeos arribados entre 1857 e 1930 pertencían ao colectivo galego. Contra 1914, Buenos Aires era a cidade galega máis grande do mundo, con 150.000 habitantes desa orixe. Os cálculos dos especialistas estiman que a nosa República recibiu entre a primeira das datas mencionadas e 1960 non menos de 1.100.000 persoas nadas en Galicia, das que unhas 600.000 se estableceron definitivamente. Fil: Lojo Calatrava, Maria Rosa. Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas; Argentina. Universidad de Buenos Aires. Facultad de Filosofía y Letras. Instituto de Literatura Argentina "Ricardo Rojas"; Argentina

Details

Language :
Portuguese
Database :
OpenAIRE
Accession number :
edsair.od......3498..9c28b706bf447971a23c60d6fc2faf5d