Back to Search
Start Over
Circustancias agravantes
- Publication Year :
- 2012
-
Abstract
- O Código penal español prevé un sistema de penas relativamente determinadas, isto é, un sistema baseado na fixación dun marco punitivo dentro de cuxos límites, superior e inferior, o xuíz debe determinar (motivadamente e a través de determinadas regras e criterios legais) a pena axeitada ao caso particular. A unidade didáctica que aquí se presenta ten carácter básico, pois incide nun dous aspectos esenciais dese sistema de determinación da pena: as circunstancias agravantes xenéricas do artigo 22 do Código penal. Trátase de instrumentos legais de mediación da pena, é dicir, son causas de modificación da pena. Esta é a súa finalidade e sentido no noso modelo legal. O seu fundamento vincúlaas directamente co principio constitucional de proporcionalidade. En función delas o xuíz sinalará a concreción ou extensión da pena (determinación legal concreta da pena), unha vez establecido o marco penal (límite máximo e mínimo). Así, ofreceráselle ao estudante unha panorámica do catálogo de agravacións contido no artigo 22 do Código penal, destacando os seus aspectos fundamentais (elementos obxectivos e subxectivos e réximes de comunicabilidade, compatibilidade e inherencia). As formulacións xerais desta unidade didáctica facilitan a comprensión doutros aspectos máis específicos do programa da materia, especialmente os relativos ao sistema de consecuencias xurídicas que o Dereito penal español establece para as infraccións penais.
Details
- Database :
- OAIster
- Notes :
- Galician
- Publication Type :
- Electronic Resource
- Accession number :
- edsoai.on1428034771
- Document Type :
- Electronic Resource