Back to Search
Start Over
Cambio e estrutura morfolóxica. Segmentacións atípicas en verbos galegos e portugueses
- Publication Year :
- 2017
-
Abstract
- Neste artigo recordarei algunhas ideas de Saussure que deron fundamento ó tipo de morfoloxía dominante na tradición lingüística galega e repasarei ese modo de facer morfoloxía. Presentarei tamén algunhas ideas de Saussure que resultaron preteridas na historia das correntes prototípicas do estruturalismo europeo; estas ideas esquecidas constitúen realmente un precedente teórico de novas concepcións da gramática que superan algúns do problemas que, ó meu xuízo, se detectan no modelo de morfoloxía que hoxe domina a lingüística galega. Un resultado desta revisión teórica será a constatación de que non só a explicación, senón tamén a descrición dun estado de lingua non pode prescindir da información producida polo cambio e a diacronía. Polo tanto, para mostrar a estrutura morfolóxica do galego é preciso analizar os fenómenos de cambio a que se ve sometido.
Details
- Database :
- OAIster
- Notes :
- Galician
- Publication Type :
- Electronic Resource
- Accession number :
- edsoai.on1442733466
- Document Type :
- Electronic Resource